Friday 22 de November de 2024

Cambre resolve o contrato coa empresa redactora do Plan Xeral de Ordenación


O concelleiro de Urbanismo apunta que “O executivo de Rivas debería resolver o contrato no momento no que lle concedeu máis prazo para presentar o documento, algo que non serviu para que a empresa entrega o Plan, xa que a día de hoxe segue sen presentarse”

O Concello de Cambre recibiu esta semana o fallo do Consello Consultivo no que dispón que o contrato do Plan Xeral de Ordenación coa UTE Arnaiz e IDOM está ?extinto? ao pasar seis anos sen a entrega do documento correcto de plan.

Lembra, ademais, que o período de cinco meses que lle deu o anterior goberno non figuraba nos pregos de constratación e por tanto foi un erro que lle custou ao Concello un grave prexuízo.

O concelleiro de Urbanismo, Juan Leirós, apunta que ?O executivo de Rivas debería resolver o contrato no momento no que lle concedeu máis prazo para presentar o documento, algo que non serviu para que a empresa entrega o Plan, xa que a día de hoxe segue sen presentarse?.

O Concello considera resolto, por tanto, o contrato coa empresa redactora á que culpa do período perdido neste último ano e medio no que só puxo trabas para alongar este proceso de rescisión de contrato.

Leirós asegura que defenderá os intereses do Concello de Cambre mesmo nos ámbitos xudiciais se fose preciso polos danos ocasionados ao municipio e aos seus veciños.

O goberno local anuncia que de inmediato comezará o proceso da nova contratación que espera resolver leste mesmo ano.