Saturday 16 de November de 2024

Os ordenses infórmanse sobre a biopsia líquida


Un bo número de veciños e veciñas acudiron recentemente á charla sobre a campaña de micromecenado da biopsia líquida, ofrecida no Museo do Traxe pola doutora Teresa Curiel. Coa dita campaña preténdese mobilizar e implicar á poboación na importancia de contribuír con este tipo de investigación científica. Entre os asistentes estiveron os concelleiros Ana Soneira, Xosé Manuel Mira e Xosé Manuel Rodríguez.
No caso de que algunha persoa queira facer un donativo dispón de varias canles:
• Transferencia bancaria (Abanca) ao seguinte número de conta: ES68 2080 0300 8730 4556 736.
• Plataforma web www.oncomet.es. Teléfono 981955344. Enderezo electrónico colabora.biopsia.liquida@oncomet.es
• 1,20 € enviando a palabra CANCRO mediante SMS ao 28014
6 € enviando a palabra CANCRO mediante SMS ao 38014
Para obter máis información sobre a biopsia líquida pódense consultar os seguintes enlaces: ttps://twitter.com/biopsia_liquida, https://www.facebook.com/biopsia.liquida.colabora, www.oncomet.es, @colabora.oncomet.es/blog, @colabora.oncomet.