No Polígono Industrial de Espíritu Santo realizarase unha actuación integral nos centros de mando e luminarias
O Concello de Cambre vén de licitar unha obra de mellora do alumeado público e eficiencia enerxética nas parroquias de Anceis, Brexo, Cambre e Cecebre, cun orzamento de execución por contrata de 62.471,49 euros, e incluído no Plan provincial de obras e servizos complementario (POS-Complementario) 2016.
O Concello, consciente de que as instalacións de iluminación exterior representan un gasto significativo do consumo de enerxía eléctrica e un custo ambiental derivado do uso de recursos non renovables, puxo en marcha a renovación do sistema de alumeado en todo ou municipio que levará a cabo progesivamente. Segundo o alcalde, Óscar García Patiño, é necesaria unha adaptación destas instalacións co fin de diminuír o consumo e mellorar os seus índices de eficiencia enerxética.
O tempo previsto de finalización dos traballos, estímase en dous meses sen incluír o prazo de subministración de materiais.
Non caso da parroquia cambresa substituiranse as luminarias e centros de mando das ruas Samosteiro, Sixto, Miguel González Garcés, Lagoa e Balado. Na parroquia de Lema a actuación comprenderá as rúas Formigueiro e Lema, parte traseira do Colégio Emilio González López. En Anceis substituiranse as luminarias en Mercuín na Cp-1701. E no Polígono Industrial de Espiritu Santo realizarase unha actuación integral nos centros de mando e luminarias.