Friday 22 de November de 2024

Charla sobre a praga da couza guatemalteca da pataca


San Sadurniño é un dos municipios afectados pola praga da couza guatemalteca da pataca. Dito doutro xeito: San Sadurniño está en corentena, é obrigatorio declarar as plantacións de pataca de cedo que se fixesen até o momento e, aínda que non estea prohibido, recoméndase non poñer máis patacas nos terreos xa que é posible que dentro duns días o prohiba o Estado a través dun decreto que tamén obrigará a levantar as plantacións existentes.

Para dar información de primeira man, o Concello organizou para o próximo venres ás 21.00h. na Casa da Cultura unha charla sobre a avelaíña guatemalteca da pataca que estará impartida por persoal técnico da Xunta de Galicia. Nela falarase sobre as medidas que se tomaron e que está previsto tomar por parte das administracións autonómica e estatal para atallar a praga.

Data: venres 3 de marzo

Hora: 21.00 horas

Lugar: Casa da Cultura de San Sadurniño

Imparte a charla: persoal técnico da Consellería do Medio Rural