O Concello de Touro programou nas actividades do Entroido de Touro para o próximo sábado 4 de marzo unha ruta de sendeirismo. O traxecto elexido: a Ruta dos Tres Ríos, que ven de rematar o seu acondicionamento e xa está de novo em perfectas condicións para ser percorrida. A andaina rematarase cunha visita ó Centro de Interpretación do Río Ulla e con tapas de entroido nos seguintes locais hosteleiros: Mesón Fonte Díaz, A Peneira, O Barranco, Nito, Os Chaos e Carpe Diem. Para apuntarse: 981814566. Os veciños e visitantes tamén poderán disfrutar do menú do entroido nos seguintes establecementos: Casa Louzao (por encargo), Os Chaos (do 24 ao 28 de febreiro), Pazo de Andeade (do 25 de febreiro ao 5 de marzo previa reserva), Parrillada Remesquide (domingo 5 de marzo), O Castro (domingo 5 de marzo) e Casa Taboada (por encargo).
O domingo día 5 de marzo chegará o peche do entroido en Fonte Díaz. A capital do Concello de Touro será o escenario principal do entroido na comarca do Ulla. E os ‘xenerais da Ulla’ das parroquias de Bama e Fao serán os encargados de darlle colorido e emoción á ‘Feira do día 5’, tamén denominada ‘Feira do Entroido’. Os xinetes, cos seus cabalos e os seus uniformes napoleónicos, participarán nunha xuntanza ás 11.50 horas diante da sede do Concello de Touro. Lucirán as súas mellores galas e percorrerán as rúas da capital de Touro a partir das 12.00 horas. Os xenerais estarán acompanhados dos personaxes máis característicos do entroido. Tamén está previsto um espectáculo musical e de Títeres Cachirulo coas xeneralas da Ulla. Os visitantes e veciños poderán degustar produtos típicos do entroido nos locais de hostelería de Fonte Díaz e tamén nun stand situado diante da sede do Concello, entre as 13.00 e as 14.30 horas. O Concello de Touro anima a veciños e visitantes a difrazarse e a disfrutar do Entroido 2017.