Friday 22 de November de 2024

Os nenos/as do Lousame Concilia asisten a dun pase privado de “O baúl musical”, que poderá verse este domingo na Casa da Cultura


Os vinte nenos e nenas que participan estes días no programa de conciliación familiar Lousame Concilia asistiron esta mañá a un pase privado de “O baúl musical”, unha peza teatral interpretada por Teatrando Alecrín, un grupo de rapaces e rapazas de Lousame que vén de participar con éxito na I Mostra de Teatro Infantil e Xuvenil de Noia.

Os rapaces de Teatrando Alecrín, dirixidos por Adriana Castro, presentaron ante os pequenos do Lousame Concilia a obra que os seus pais e nais poderán desfrutar este domingo 5 de marzo, ás 18:00 horas, no auditorio da Casa da Cultura de Lousame. Entrada libre e gratuíta ata completar aforo.

Lousame Concilia é un programa de conciliación familiar organizado polo Concello de Lousame e cofinanciado polo Fondo Social Europeo e a Secretaría Xeral da Igualdade da Presidencia da Xunta de Galicia.