Saturday 16 de November de 2024

A tradición do magosto invade o patio do colexio Castelao


Máis de 500 nenos e nenas do colexio Castelao desfrutaron dunha xornada na que a tradición do magosto marcou a pauta. Todas e todos eles acudiron onda ‘Bieito’, o castañeiro de Ordes, para degustar as castañas que ao longo da mañá fora asando no seu particular ‘forno-locomotora’. Moitos, ademais, portaban adornos e abelorios confeccionados con castañas e follas secas, ademais dos recipientes realizados especialmente para a ocasión con materiais reciclados. Con esta iniciativa a dirección do centro pretende dar a coñecer as tradicións máis destacadas da zona entre o alumnado máis novo do Concello de Ordes.