O Concello de Brión vén de anunciar a apertura dunha nova temporada da Campaña de Sendeirismo, cunha primeira ruta gratuíta polos municipios de Ames e Brión. A ruta Brión-Monte San Marcos-Muíños de Riamonte-Brión está programada para o sábado 11 de marzo e ten unha dificultade baixa.
Trátase dun circuíto circular de aproximadamente 24 quilómetros con saída ás 10:00 horas na Carballeira de Santa Minia e volta ao mesmo lugar ás 18:00 horas, polo que é preciso levar comida tipo pic-nic para o mediodía. Os sendeiristas camiñará cara o Monte San Marcos (Ames), regresando pola ruta da auga, onde visitarán os muíños de Riamonte. A participación da ruta é totalmente de balde, mais é preciso inscribirse previamente na Casa da Cultura de Brión ou no teléfono 981 50 99 69 antes do venres 10 de marzo, ás 14:00 horas.