Máis dun cento de veciños e veciñas de Brión encheron o salón de actos do centro social polivalente para asistiren ao sétimo Concerto de Entroido dos alumnos e alumnas da Escola Municipal de Música Magariños. Por unhas horas, os pequenos deixaron a música clásica a un lado e se entregaron á música de Shakira e George Michael.
A actuación na que os rapaces e rapazas estaban disfrazados para a ocasión. Así, os nenos e nenas de Preiniciación Musical bailaron ao ritmo de “Wake me up before you go go”; mentres que os de Música e Movemento se divertiron con “Ojos así” (Shakira) e “Peixes, moluscos e crustáceos”. Pechou o festival a orquestra infantil co “La, la, la” de Shakira e coa única peza clásica da xornada, “Danubio azul” interpretado a frauta e piano.
Este VII Concerto de Entroido da Escola Municipal de Música Magariños contou coa colaboración do Concello de Brión, da Deputación Provincial da Coruña e da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.