Supón un investimento de máis de 40.000 euros
O Concello de Riveira informa do inicio dunha nova actuación destinada a rehabilitar as rúas Vionta e Insua, ambas situadas entre a avenida da Coruña e o paseo marítimo de Coroso.
A realización do proxecto, que está adscrito ao Plan DTC Adicional da Deputación, está sendo executada pola empresa Construcciones Anspal. Supón un investimento de 41.266 euros, IVE incluído, e o prazo de execución dous meses.
As dúas vías en cuestión observan danos importantes no seu firme e non hai separativo de pluviais e fecais. Así e logo, o proxecto que acaba de arrancar pretende a instalación dunha nova rede de pluviais coas súas correspondentes arquetas e sumidoiros para que vaian por unha canalización independente da de fecais, ademais de colocar un novo pavimento a base de adoquín prefabricado de formigón gris alternado con franxas de adoquín prefabricado de formigón de cor vermella.