Saturday 16 de November de 2024

Ángel Currás presenta a súa renuncia, que será efectiva no vindeiro pleno


O concelleiro Ángel Currás presentou a primeira hora desta mañá no Rexistro municipal a súa renuncia á acta de concelleiro na Corporación do Concello de Santiago.

O alcalde, Agustín Hernández, deu conta desta decisión aos portavoces dos grupos da oposición.

Como se informou dende o primeiro momento, Ángel Currás incorporouse ao novo goberno de xeito temporal co obxectivo de colaborar e facilitar a transición.

A saída de Ángel Currás enmárcase no proceso de cambio iniciado no Goberno de Santiago o pasado 8 de xullo, no que o concelleiro participou nas labores de traspaso de poderes.

A renuncia farase efectiva no vindeiro pleno da Corporación Municipal. Posteriormente comunicarase á Xunta Electoral Central tanto a renuncia como o nome da persoa proposta para a súa substitución. Unha vez obtido o visto bo do órgano electoral e emitida a correspondente credencial do novo concelleiro, procederase ao seu nomeamento nun novo pleno.

Mentres, o grupo de goberno seguirá a manter a súa axenda de traballo con absoluta normalidade.