Saturday 16 de November de 2024

Os ‘xenerais da Ulla’ serán protagonistas do entroido de Fao (Touro) o próximo martes 28 de febreiro


O entroido no Concello de Touro continúa. O próximo día 28 de febreiro, martes de entroido, é o turno da parroquia de Fao. Alí celébrase o Entroido de Fao. Comenzará ás 16.00 horas no Campo da Festa coa Rumba da Susita. Contará a continuación co discurso do ‘correo’ e dos ‘xenerais da Ulla’. Estos dous protagonistas abordarán en coplas a viva voz temas de actualidade política e do momento. Os ‘xenerais’ replicaránse e contrarreplicaránse ante os veciños e forasteiros que acudan ata o campo da festa de Fao. Tamén participará a ‘vellada coa súa troulada’. E non faltarán os ‘consellos dos frades’, que predicarán en verso as anécdotas acontecidas na parroquia de Fao. Tamén está previsto o tradicional enterro do entroido de Fao.

4 de marzo. O Concello de Touro programou nas actividades do Entroido de Touro para o próximo sábado 4 de marzo unha ruta de sendeirismo polo Ulla. A xornada rematara cunha visita ó Centro de Interpretación do Río Ulla e con tapas de entroido nos seguintes locais hosteleiros: Mesón Fonte Díaz, A Peneira, O Barranco, Nito, Os Chaos e Carpe Diem. Os veciños e visitantes tamén poderán disfrutar do menú do entroido nos seguintes establecementos: Casa Louzao (por encargo), Os Chaos (do 24 ao 28 de febreiro), Pazo de Andeade (do 25 de febreiro ao 5 de marzo previa reserva), Parrillada Remesquide (domingo 5 de marzo), O Castro (domingo 5 de marzo) e Casa Taboada (por encargo)

5 de marzo. O domingo día 5 de marzo chegará o peche do entroido en Fonte Díaz. A capital do Concello de Touro será o escenario principal do entroido na comarca do Ulla. E os ‘xenerais da Ulla’ das parroquias de Bama e Fao serán os encargados de darlle colorido e emoción á ‘Feira do día 5’, tamén denominada ‘Feira do Entroido’. Os xinetes, cos seus cabalos e os seus uniformes napoleónicos, participarán nunha xuntanza ás 11.50 horas diante da sede do Concello de Touro. Lucirán as súas mellores galas e percorrerán as rúas da capital de Touro a partir das 12.00 horas. Os xenerais estarán acompanhados dos personaxes máis característicos do entroido. Tamén está previsto um espectáculo musical e de Títeres Cachirulo coas xeneralas da Ulla. Os visitantes e veciños poderán degustar produtos típicos do entroido nos locais de hostelería de Fonte Díaz e tamén nun stand situado diante da sede do Concello, entre as 13.00 e as 14.30 horas. O Concello de Touro anima a veciños e visitantes a difrazarse e a disfrutar do Entroido 2017.