A cita terá lugar o vindeiro 5 de marzo con saída de Coroso
A terceira edición do Duatlón ‘Memorial Jesús e Vicente” regresará á cidade de Riveira o vindeiro domingo 5 de marzo a partir das 10.30 horas.
Para explicar os detalles desta competición que combina carreira a pé con bibicleta compareceron no consistorio local o presidente do Club Natación Riveira promotor da proba, Julio Simarro; Juan Carlos Brión en representación da Federación Galega de Triatlón; e o alcalde Manuel Ruiz.
A cita comprenderá 5 kilómetros de carreira a pé, 20 kilómetros en bicicleta e 2,5 kilómetros de novo a pé. Haberá tres horarios de saída en función da modalidade: sen corte (dende as 10.30 horas), con corte (a categoría élite, que comezará ás 11.50 horas) e feminina (sairá 10 minutos despois).
O circuíto é moi rápido, con velocidades en bicicleta moi altas (o ano pasado os primeiros fixeron unha media de 40 kilómetros/hora), segundo explicou Juan Carlos Brión.
Entre 150 e 200 atletas
Espérase unha participación de entre 150 e 200 deportistas, pese ao superpoblado das competicións nas fins de semana.
O último día para inscribirse é o martes 28 de febreiro. Pódense formalizar na páxina web da federación www.fegatri.org.
Julio Simarro mostrou a súa gratitude ao Concello pola súa colaboración ao igual que aos voluntarios, á federación e aos distintos patrocinadoras da proba (Germania, Maniotas, Joyería Óptica Blanco, Caeiro ou Congalsa ). Tamén tivo palabras de lembranza para Jesús Huerta e Vicente Fernández.
Manuel Ruiz agradeceu o esforzo do Club Natación Riveira tanto na formación como na organización de actividades como esta proba de duatlón ou a travesía a nado que se desenvolve en Coroso.