Reúne traballos de 25 ilustradores galegos que poñen imaxe a poemas de Rosalía e poderá visitarse na Casa da Cultura ata o 30 de marzo
O Concello de Lousame conmemorará mañá venres o “Día de Rosalía” coa apertura ao público da exposición “Rosalía Ilustrada”, unha mostra na que participan 25 ilustradores galegos que poñen imaxe aos poemas da autora de Cantares Gallegos. Unha exposición que se poderá visitar na Casa da Cultura de Lousame ata o vindeiro 30 de marzo.
Entre os traballos que se exporán na sala lousamiá figuran traballos de debuxantes coma Miguel Anxo Prado, Xaquín Marín, Fran Jaraba ou Pepe Carreiro, que formaron parte dun equipo de 25 ilustradores reunidos pola Fundación Rosalía de Castro para ilustrar varios poemas da poetisa galega. En concreto, na mostra se recolle unha escola das obras “Follas novas”, “Cantares Gallegos” e “En las orillas del Sar”.
A maiores, a biblioteca municipal de Lousame mantén unha exposición permanente sobre a vida e obra de Rosalía de Castro, cuxas principais obras están a disposición de todos os veciños e veciñas do municipio.