O salón de actos do centro social polivalente de Brión acollerá mañá venres 24 de febreiro, ás 18:00 horas, a sétima edición do Concerto de Entroido dos alumnos e alumnas da Escola Municipal de Música Magariños. Un concerto, de entrada totalmente libre e de balde, que conta coa colaboración do Concello de Brión, da Deputación Provincial da Coruña e da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
Unha actuación que cada ano reúne a máis dun centenar de veciños e veciñas do municipio e na que os alumnos e alumnas, sobre todo os máis pequenos de Música e Movemento, adoitan actuar disfrazados. Unhas actuacións que incluirán pezas propias deste tempo de Entroido e pezas de baile, que farán as delicias do público presente.