As clases serán impartidas por Rachel Chen todos os xoves a partir do 13 de novembro
A Biblioteca Provincial abre o mércores o prazo de inscrición ao curso de chino mandarín que impartirá Rachel Chen todos os xoves a partir desta semana.
Os interesados en acudir deben presentarse o mércores 12 na sección de infantil e xuvenil da biblioteca a partir das 10.30 horas, pero a recollida de número de atención comezará ás 08.30 horas na sección de préstamo (primeiro andar). Ademais, se reservarán prazas para poder tamén inscribirse por teléfono a partires das 11.30 horas chamando ao 981 08 01 71.
O curso, como todos os que oferta este centro, é gratuíto e as persoas que non asistan ou falten tres veces quedarán excluídas da actividade. Consiste en 10 clases que se impartirán todos os xoves dende o día 13 en horario de 19.00 a 20.30 horas.