Mañá xoves ás 14 horas conclúe o prazo para que os establecementos hostaleiros poidan participar na Ruta de Tapas do Pequeño Entroido que organizan en colaboración Concello e Asociación de Empresarios de Riveira.
Cómpre lembrar que esta actividade terá lugar o sábado 4 de marzo, de 12 a 16 horas. A tapa terá un custo de 1,50 € e con cada tapa entregarase unha careta gratuíta, na que aparece o nome de todos os locais participantes coa tapa que nel poden consumir.
Inscricións no teléfono 981 873 719 ou nos seguintes enderezos electrónicos:
• sanroqueturismo@gmail.com
• e correo@empresariosriveira.com.
Simplemente hai que poñer o nome do local e o nome da tapa que se ofrece para que vaia impreso na careta e na cartelería (deberá ser unha tapa relacionada coa temática do entroido (por exemplo, cocido, laconada, orellada, …).