A día de mañá 23 de febreiro faltara unicamente un mes para a finalización do prazo para postularse no VI Concurso Internacional de Novela Curta “Cidade Centenaria de Riveira”: a proposta que con carácter bienal convoca o Concello para fomentar a literatura galega.
Estas son as bases do certame:
1.- Poderán concorrer ao certame de novela curta todas as persoas, maiores de idade, de calquera nacionalidade e/ou residencia, cun único traballo en lingua galega (empregando a normativa ortográfica e morfolóxica aprobada pola RAG en 2003) de temática libre, orixinal e inédito.
2.- A obra, cunha extensión mínima de 80.000 caracteres e máxima de 140.000 caracteres con espazos, presentarase por quintuplicado en exemplares separados, mecanografados por unha soa cara (tipo de letra Times New Roman, tamaño 12), debidamente grampados ou encadernados co título e pseudónimo, sen firma ou calquera outro elemento que poida ser identificador do/a autor/a. Deberá ademais incorporar un CD co arquivo dixital do texto.
3.- Aplica, en sobre á parte co título e o pseudónimo, deberá conter no seu interior os datos do autor/a e fotocopia de identificación (DNI/ Pasaporte), así como declaración xurada de aceptacióndas bases do certame e de que a obra presentada é orixinal do/a autor/a e inédita.
4.- O prazo de admisión dos orixinais rematará o 23 de marzo de 2017,aniversario da concesión do Título de Cidade a Riveira pola S.M. o Rei Alfonso XIII en 1906.
5.- Os traballos, citando “VI Concurso Novela Curta Cidade Centenaria de Riveira”, remitiranse a: Concello de Riveira, Rexistro Xeral. Á/a da Área de Cultura, Praza do Concello, s/n, 15960, Riveira, A Coruña, España.
6.- Establécese un Primeiro e Único premio de 3.000,00 €, diploma conmemorativo e publicación da obra, que será realizada por Edición Xerais de Galicia. O importe do premio estará suxeito á lexislación fiscal vixente.
7.- O/A autor/a terá que recoller persoalmente o premio na data, lugar e hora que sinale a organización do certame, a non asistencia, ou delegación sen que estea debidamente xustificada por causa maior, suporá a renuncia a este.
8.- O xurado terá todas as facultades para a decisión do premio, que non quedará deserto. Estará composto por persoas de recoñecido prestixio no eido da cultura a educación e as letras galegas e emitirá publicamente o seu veredicto no mes de maio de 2017, coincidindo coa programación do Maio Cultural e Letras Galegas que organiza este concello.
9.- O acto de entrega do premio terá lugar, preferentemente, no mes de maio de 2017, do cal se dará conta anticipadamente aos medios de comunicación e ás persoas interesadas. A publicación e presentación da obra gañadora será entre os meses de marzo e maio de 2018, acto no que tamén se convocará a VII Edición do certame.
10.- Os traballos non premiados serán destruídos vinte días despois do veredicto, polo que a súa reclamación farase persoalmente e con identificación no Centro Cultural Lustres Rivas de Riveira, durante ese prazo.
11.- O feito de concorrer ao certame implica a aceptación das devanditas bases.