Friday 22 de November de 2024

O Centro Social e da Terceira Idade do Concello da Baña lanza o seu programa de actividades para os próximos meses


O Centro Social e da Terceira Idade do Concello da Baña presenta o seu programa de novas actividades a realizar en ditas instalación nos próximo meses. O centro, que coordina Luciana García Freita, destaca que estas actividades van destinadas “a todas aquelas persoas maiores que, con ganas e entusiasmo así o desexen”.

As actividades abarcan diversos ámbitos lúdicos e funcionáis, tales como a estimulación cognitiva, física e sensorial…promovendo sempre o envellecemento activo e saudable dos nosos maiores. Nesta ocasión as actividades que se levarán a cabo serán:
– Que a cabeza non pare! Tódolos martes ás 17:30 horas trataremos de por a disposición dos usuarios as ferramentas precisas para que, de una maneira amena, lúdica e sencilla consigamos melloras en lectura, escritura, memoria, usos da informática….etc.
– Que o corpo non pare! Tódolos mércores e venres ás 18:15 horas e sempre a través da música e o xogo traballaremos e activaremos as condicións físicas do noso corpo.
– Bailamos? Tódolos sábados ás 19:00 horas no centro social e da terceira idade realizaremos una sesión de baile na que os asistentes poderán disfrutar da boa música e dunha grata compañía. Ademáis continuaremos traballando nocións básicas de bailes de salón para principiantes.
– Xogamos? Todos os xoves ás 18:30 horas levaremos a cabo sesión de bingo e lingo (bingo con letras) alternativamente para todas aquelas persoas que desexen pasar un agradable momento de ocio.

Tamén se realizan actividades puntuais e festivas nestes vindeiros meses. En novembro levaremos a cabo un magosto co fin de recuperar esas pequeñas tradicións culinarias e de conversas ó redor dos lumes que se veñen a facer dende tantos anos. E en decembro contaremos con alguna actividade relacionada co baile, máis concretamente cos bailes de salón pendente de confirmar.