Este vindeiro sábado, 25 de febreiro, o alcalde e membros do seu equipo de Goberno estarán de 10 a 13 horas á disposición da cidadanía no mesmo Concello. Como cada último sábado de mes ten lugar o ‘Sábado de portas abertas do Goberno Local’, iniciativa dirixida á veciñanza e coa que se pretende facilitar o contacto directo cos edís e o rexedor local. Un xeito especialmente pensado para aquelas persoas que non poden acudir ao Concello nos horarios establecidos durante os días laborables. Aínda que non é preciso solicitar cita previa quen o desexe pode facelo chamando ao 981 680002.
Por outra banda tamén existe a posibilidade de contactar con Alcaldía a través do correo electrónico habilitado na páxina web do Concello de Ordes http://www.ordes.gal. Tamén na App oficial do Concello de Ordes, a cal se pode descargar a través do seguinte enlace: http://bit.ly/2kdhWXk