Alberte X. López Freire, alumno de 4º da ESO do IES de Brión, vén de conseguir un accésit na fase galega da VIII Olimpíada de Xeoloxía, unha actividade convocada pola Asociación Española para a Ensinanza das Ciencias da Terra (AEPECT), a Sociedade Española de Xeoloxía e o Colexio Oficial de Xeólogos dirixida a alumnado de 4º da ESO e de Bacharelato. Un certame que este ano rexistrou un récord de participación: 273 estudantes de toda Galicia.
Alberte X. López Freire conseguiu o segundo mellor resultado de toda a provincia da Coruña, despois de superar unha proba teórica de 40 preguntas tipo test e outra práctica con cuestións arredor dun mapa topográfico e outra sobre fotografías e exemplares de rochas, minerais e fósiles. Por iso, foi distinguido co Accésit de 4º da ESO, que inclúe un diploma acreditativo e material relacionado co estudo da xeoloxía