Un grupo de 40 ‘mamás’ do Concello de Touro homenaxeou este fin de semana a María Herránz Carrera, a matrona que durante os últimos 15 anos desenvolveu a súa actividade no Centro Médico de Touro. María Herránz Carrera sempre puso a disposición de centos de mamás do Concello de Touro os seus coñecementos e experiencia. E acompañou moitos embarazos nos últimos anos. Á comida homenaxe, celebrada no Barranco, acudiron unhas 40 nais que quiseron agradecerlle o seu traballo, a súa entrega e a súa adicación. Moitas outras nais disculpáronse por non poder asistir pero sumáronse a esta homenaxe. María Herránz Carrera, que agora se xubila, agradeceu “o cariño e apoio” recibido durante os últimos anos en Touro. E apuntou que foi mui satisfactorio atender a centos de mulleres nos seus embarazos e a moitas outras mulleres que tamén foro á consulta no Centro Médico. María Herránz Carrera tamén consultaba noutros Centros Médicos ubicados en varios concellos da zona. A ‘mamás’ do Concello de Toro entregáronlle un recordo e unha pranta como sinal de gratitude. E desexáronllo o mellor na súa nova etapa de xubilación.