Friday 22 de November de 2024

Cambre acolle a 30 alumnos europeos dentro dunhas xornadas de convivencia escolar y mediación


O IES Afonso X O Sabio de Cambre organiza esta semana varias actividades que terán lugar a semana do 20 ao 25 de febreiro no centro debido á visita de 25 estudantes e profesores de 5 países europeos (Portugal, Turquía, Lituania, Italia e España) dentro dun dos proxectos Erasmus+.

Hoxe o alcalde de Cambre, Óscar García Patiño, recibiu aos alumnos no salón de plenos do Concello para felicitalos polo desenvolvemento do programa no que participan. “Espero que con este tipo de programas demostremos que no existen las barreras en el mundo por mucho que algún mandatario se empeñe en levantar muros que separen a las personas”.

O proxecto educativo trata sobre convivencia escolar e mediación (tema sobre o que o IES cambrés acadou o 1º premio de innovación educativa da Consellería) e está a organizar unha semana de actividades nas que se inclúen un obradoiro titulado “A violencia de xénero dende o ámbito xudicial” co xuíz D. Miguel Ángel Filgueira Bouza, maxistrado do xuzgado de violencia de xénero da Coruña, outro sobre violencia de xénero en colaboración co Concello de Cambre e tamén unha mostra da formación en mediación entre iguais que facemos anualmente no noso centro.