O Concello de Riveira organiza, en colaboración coa Cámara de Comercio de Santiago, unha charla informativa sobre autoemprego: “Autoemprego: unha opción de futuro”.
Na mesma tratarase o tema da creación de empresas e darase a coñecer o Viveiro de Empresas do Concello de Riveira e o seu funcionamento.
Contidos:
– Situación de partida, por que emprender.
– Que é necesario para emprender.
– Características da persoa emprendedora.
– Ideas, rompendo paradigmas.
– Obxectivos e plans: fixando un rumbo.
– E se non sae ben?
– Como funciona un Viveiro. Viveiro de Empresas do Concello de Riveira.
Esta xornada, de 2 horas de duración terá lugar o día 8 de marzo de 2017, de 11 a 13 horas no Viveiro de Empresas do Concello de Riveira.
As persoas interesadas en asistir poden inscribirse no teléfono: 981 87 14 97 (Viveiro de Empresas – Servizo de Orientación Laboral).