Nesta edición presentáronse un total de 120 imaxes de 30 participantes diferentes
O Concello de Cambre da a coñecer as fotografías premiadas no II Concurso de Fotografía de Cambre. Nesta edición presentáronse un total de 120 imaxes de 30 participantes diferentes. As imáxes gañadoras serán empregadas para a promoción e divulgación turística, como unha nova forma máis de estimular a participación dos veciños e veciñas de Cambre. Agora se procederá a edición de 2.000 calendarios nos que se incluirán as 12 fotografías premiadas e outras tantas fotografías do arquivo da fototeca municipal. O obxectivo é promocionar a fotografía paisaxística do municipio e impulsará aos novos talentos grazas ao II Concurso de fotografía do Concello de Cambre 2014.. Estes serán repartidos no mes de decembro entre as asociacións e clubes deportivos que desenvolven a súa actividade no municipio e a veciñanza que o solicite na Casa de Cultura, bibliotecas municipais e Museo de Cambre. Os premiados recibirán o “Atlas ilustrado de fotografía digital práctica”, “101 consejos. Fotografía digital”, 5 calendarios e un detalle institucional. No xurado participaron Pedro Pastor Quiejo, coma representante do Estudo Fotográfico Pastor Fotografos, Pedro Gónzalez Carrete, coma representante da Aula K, Enrique Porteiro García, coma representante de Cromo Estudio. O concellerio de Cultura, Santiago Ríos, agradeceu aos mebros do xurado o seu compromiso co certame. “Os profesionais da fotografía en Cambre axudaron moito como mebros do xurado e temos que estar moi agradecidos”, apuntou Ríos.
GAÑADORES
Arquivo /Título da fotografía Nome do autor
6.1.FRAGAS DE CECEBRE XOSÉ MANUEL, FACHAL ROEL
9.4 PONTE DA XIRA JOSÉ MANUEL, FERNANDEZ PONTIGO
12.2 IGREXA ELISABET, TEIXEIRA BARJA
16.3 ILUMINACIÓN INTERIOR NATURAL EN SANTA MARÍA DE CAMBRE ÁNGEL GILBERTO, MARTÍNEZ SEOANE
14.3.LECER JOSÉ ANTONIO, GIL DÍAZ
17.4ILUMINANDO O CAMIÑO DE SANTIAGO CECILIA, FUENTES PAN
18.3.PURA POESIA DE OUTONO DIEGO, MUIÑO FREIRE
15.2 NACER DO SOL EN CECEBRE FERNANDO, MOUCO RODRÍGUEZ
20. 3. O PASEIÑO ANXO CAPELÁN FERNÁNDEZ
26. 1 O EMBALSE E AS SÚAS COMPORTAS MANUEL , ROSAL DOMINGUEZ
30.2 NOITE DE LÚA CHEA CRISTINA, PARDO MAZÁS
8.4.WENCESLAO ANTÍA, SIMÓN AGUADO