O Concello de Touro está desenvolvendo nas últimas semanas traballos para mellorar a accesibilidade dos veciños e veciñas en Loxo, un dos principais núcleos de poboación do Concello e ubicado na estrada AC-240. Os traballos de renovación das beirrarúas de Loxo, presupostadas nuns 62.000 euros, están incluidas no Plan de Aforros e Investimentos da Deputación (PAI) do 2016. A empresa encargada do proxecto é Oviga e os traballadores levan días renovando e reparando as beirarrúas de Loxo ao tempo que tamén colocan rampas nos lugares que precisan dunha mellora da accesibilidade. As obras, que continuarán nas próximas semanas, consisten na renovación do pavimento das beirarrúas, mellora do acceso ás propias beirarrúas e aos locais e ampliación de determinados tramos das beirarrúas para facilitar o tránsito de persoas con movilidade reducida e tamén incrementar a seguridade dos usuarios das vías. O Concello de Touro, según o seu alcalde Ignacio Codesido, traballa cada ano en ter ao día e mellorar as infraestructuras que usan todos os veciños e veciñas. As obras estarán rematadas nas próximas semanas.