Saturday 16 de November de 2024

O alumnado de piano e guitarra da ESMU Magariños protagonizará mañá venres en Brión a primeira actuación do IV Ciclo Venres Musicais


O alumnado de piano e guitarra da Escola Municipal de Música Magariños de Brión protagonizará mañá venres 17 de febreiro a primeira das dúas actuacións do IV Ciclo Venres Musicais. Unha actuación que terá lugar a partir das 20:00 horas no salón de actos do centro social polivalente de Brión. Entrada libre e de balde.

Un concerto organizado pola ESMU Magariños, que conta coa colaboración do Concello de Brión, a Deputación Provincial da Coruña e da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia. O seguinte concerto terá lugar o venres 17 de marzo no mesmo espazo escénico.