Friday 22 de November de 2024

Unha aula móbil informativa recalará este sábado no Malecón para explicar os beneficios dunha correcta reciclaxe


O Concello de Riveira informa de que este sábado 18 de febreiro, entre as 10 e as 14 horas, unha aula móbil informativa estará emprazada no paseo do Malecón para incidir na importancia da reciclaxe.

Trátase dunha acción promovida por Sogama, Ecoembes e Xunta de Galicia coa colaboración do Concello que busca fomentar na cidadanía as boas prácticas no tratamento dos residuos como oportunidade para acadar os beneficios ambientais e económicos derivados da correcta separación e reciclaxe.

Educadores medioambientais explicarán aos veciños os pormenores da xestión dos residuos e forma de colaborar no sistema para incrementar as taxas de reciclado en Galicia.