O informe técnico desfavorable para a urbanización da rúa García Gerpe e o descuadre orzamentario nos proxectos obrigan a aprazar a votación
O POS 2017 para o municipio de Ordes que inicialmente ía ser aprobado na sesión extraordinaria convocada para hoxe non puido someterse a votación. O motivo foron os erros e deficiencias nas propostas presentadas por UXO.
A primeira anomalía está relacionada coa urbanización da rúa García Gerpe solicitada polo Partido Socialista, cuxa executción non é posible ao ser responsabilidade dos propietarios e propietarias dos inmobles da área según a Lei do Solo. Un aspecto “do que xa se deu conta hai poucos días na comisión informativa” segundo palabras do alcalde, e que contou cos votos favorables dos representantes do PSOE, UXO e do grupo de non adscritos. Dita obra, ademais, está contemplada xa nun proxecto de maior embergadura polo que non é posible incluílo no dito plan provincial.
Todo isto obriga a ter que presentar un novo POS para que sexa dictaminado pola comisión de obras, e no que deberá constar unha nova proposta substituínte da rexeitada hoxe para que, xa o vindeiro día 22, sexa sometido novamente a aprobación no pleno ordinario.
Parroquias discriminadas
Martínez Sanjurjo tamén sinalou o importante descuadre nos orzamentos dos proxectos presentados co total da achega provincial, a cal ascende a 1.228.700 €. Desatinos que según o rexedor responden “ás présas coas que UXO, en connivencia co Partido Socialista e o grupo dos non adscritos fixeron este POS”. Dende o Goberno Local tamén se censurou que varias parroquias do municipio queden fóra do plan e non poidan beneficiarse destes investimentos.
Pablo Vidal, voceiro do BNG, criticou que “a pesar de presentar en tempo e forma as súas propostas a día de hoxe moitas delas non están orzamentadas”. O edil nacionalista indicou que os cartos aportados dende a Deputación Provincial “deben ser destinada a obras costosas e de calado que non poidan sufragarse cos orzamentos municipais”.