Friday 22 de November de 2024

O concello dá pasos dirixidos a establecer unha oficina de información catastral que atendería aos cidadáns dúas veces ao mes


O Concello de Riveira informa de que está dando os pasos encamiñados a implantar no noso municipio unha Oficina de Atención e Información Catastral ao Cidadán para que, dúas veces ao mes, os veciños do municipio poidan facer as consultas e trámites necesarios a este respecto sen ter a necesidade de desprazarse ata a cidade da Coruña como acontece ata agora.

A intención do Executivo é que persoal especializado se persoe nunha oficina a determinar do Concello para atender aos cidadás subministrándolle toda a información catastral que precise.

Así, dito persoal facilitará información sobre os criterios, módulos, coeficientes e táboas de valoración aplicados ás fincas, así como os datos que lles serven de base. Tamén recabará información e recollerá recursos, altas, cambios de dominio ou reclamacións presentadas polos titulares catastrais e os documentos acreditativos da existencia do erro que se tivera detectado.

A tal efecto, facilitaranse para todos os trámites os impresos adecuados da Xerencia Rexional do Catastro de Galicia-A Coruña para a súa correspondente tramitación e resolución.

Inicialmente a duración deste servizo sería dun ano que se podería prolongar dependendo da resposta veciñal a este novo servizo.