Os traballos, cun presuposto de 57.402 euros, forman parte do Plan DTC93 da Deputación Provincial da Coruña
O Concello da Coruña, a través da Concellaría de Medio que dirixe Enrique Salvador, informa de que vai levar a cabo a canalización de drenaxe de pluviais de protección do parque natural de Os Roseiras.
Os traballos, que forman parte do Plan DTC93 ‘Unha Deputación para todos os Concellos’, contan cun presuposto de 57.402,92 euros subvencionados integramente polo ente provincial. O goberno local deseñou un sistema de drenaxe que ten como obxectivo recoller as augas de escorrentías pluviais co fin de canalizalas ás redes pluviais e, deste modo, evitar as erosións que, en ocasións, se producen neste espazo.
Esta actuación súmase a outros traballos levados a cabo neste parque natural co fin de que os veciños poidan gozar deste espazo coas maiores garantías de calidade e seguridade. Neste sentido, dende Medio trazáronse camiños e sendeiros de jabre para salvar o desnivel existente dende o paseo marítimo e dotar á zona dunha maior accesibilidade para todos os afeccionados a sendeirismo.