Dende a súa apertura, no día de onte, centos de persoas xa teñen visitado a IV Feira de Oportunidades que ata mañá domingo se está a celebrar no primeiro andar da Praza de Abastos de Ordes. Téxtil, calzado, deportes, perfumería, bixutería, decoración, moda infantil etc, ten cabida nesta nova cita comercial. Un total de 15 establecementos e firmas da zona esán a participar ofrecendo as últimas novidades ao mellor prezo. Os nenos e nenas dispoñen dun espacio especial no que poder divertirse con obradoiros e outras actividades para as que contan cunha monitora completamente de balde. Mañá finalizará esta nova edición da feira, día no que os comerciantes volverán a ocupar os seus postos nun horario que irá dende as 11 ás 14.30 horas e de 16 a 19 horas.