Un total de 40 obras compoñen a exposición “Estilos” que, ofrecida pola artista María Luisa Rojo-Novais, albergará o Centro Cultural Lustres Rivas ata o vindeiro 4 de marzo.
Tivo lugar o acto inaugural con participación da artista, do alcalde de Riveira Manuel Ruiz e da nova concelleira de Cultura Herminia Pouso. Entre os asistentes, artistas locais como Jontxu Argibay, Maralla, José Gude ou Paco Casal.
Das 40 creacións expostas, 37 son pinturas ao óleo e técnicas mixtas de mediano e gran formtato, e 3 esculturas. A través de “Estilos” pódese ver no local riveirense unha ampla representación (a máis completa nunca feita sobre a autora na comarca do Barbanza) dos diversos estilos característicos desta prestixiosa pintora, que teñen como denominador común un intenso colorido
Novais naceu en Camariñas e reside no municipio de Oleiros. En Riveira ten participado xa en diversas mostras colectivas, como “Entremares” (2015) e “Elas” (ambas no Lustres Rivas), ademais de expoñer na galería O Faiado.
A mostra estará aberta ata o 4 de marzo e poderá ser visitade de luns a venres de 10 a 14 e de 19 a 21 horas e os sábados de 11 a 14 e de 19 a 21 horas.