Saturday 16 de November de 2024

A Xunta solicita a licenza municipal para a construción de 400 Vivendas de Promoción Pública no Parque Ofimático


A meirande parte das vivendas previstas disporán de tres dormitorio e 91 metros cadrados de superficie útil

A Xunta de Galicia investirá preto de 5,5 millóns de euros na construción de 40 vivendas de promoción pública no Parque Ofimático da Coruña, tal como prevé o proxecto das mesmas. O Instituto Galego da Vivenda e Solo xa solicitou a licenza municipal para a construción das vivendas.

As 40 vivendas que se construirán comporán edificio que consta de tres sotos, planta baixa e cinco plantas altas de vivenda, e emprazarase nunha parcela de 1.280 metros cadrados.

Os tres sotos estarán dedicados a garaxe, mentres que na planta baixa se situarán os catro portais de acceso ás vivendas e os rochos correspondentes a cada unha delas, así como catro locais de uso pola comunidade de veciños e tres locais comerciais.

A meirande parte das 40 vivendas a construír serán de tres dormitorios. En concreto serán 20 as vivendas que conten con tres habitacións, ademais da cociña, baños e estar-comedor, cunha superficie útil de 91 metros cadrados cada unha.

Cinco vivendas serán de dous dormitorios (65 metros cadrados útiles) e tres de catro dormitorios e 106 metros cadrados cada una. Finalmente, haberá dúas vivendas adaptadas para o seu uso por persoas con mobilidade reducida, que disporán de tres dormitorios e 107 metros cadrados de superficie.

A Xunta prevé licitar as obras de construción destas 40 vivendas de promoción pública cando dispoña da licenza municipal e do proxecto de execución aprobado.