O Concello de Riveira informa de que no marco do Plan de Emprego Local da Deputación da Coruña vanse a impartir os seguintes certificados de profesionalidade en Socorrismo Acuático:
• Socorrismo en espazos acuáticos naturais: 428 HORAS (348 formación teórica e 80 formación práctica)
• Socorrismo en instalacións acuáticas: 378 HORAS (298 formación teórica e 80 formación práctica)
A formación terá lugar nas instalacións da Federación de Salvamento e Socorrismo de Galicia (FESSGA) en A Coruña, rúa Gambrinus nº 151, nave 3, de luns a venres e a razón de 6 horas diarias (informarase da modalidade de quenda mañá/tarde segundo sexa zona Santiago ou zona Ferrol) e as prácticas profesionais non laborais, en praias de concellos da provincia. Primeiro desenvolverase a formación en espazos naturais e logo da tempada de praias, previsiblemente en outubro, desenvolverase a formación en instalacións acuáticas.
Debido ás especiais características do curso e á necesidade de realizar probas físicas de acceso só se admitirá un máximo de 5 inscricións por concello, para participar na selección.
O prazo de inscrición remata o martes 14 de febreiro de 2017 ás 13.30 horas e será por rigoroso orde de inscrición presentado unha solicitude no rexistro xeral do Concello de Riveira, xunto co formulario de inscrición e un informe médico.
Ademais, para poder participar hai que cumprir os seguintes requisitos:
1. Requisitos das persoas candidatas:
▪ Estar inscritas na Oficina de Emprego que lle corresponda e coa tarxeta de demandante de emprego debidamente actualizada á data do prazo de inscrición.
▪ Non estar dadas de alta ou en activo en ningún réxime da seguridade social para o que achegarán o certificado de vida laboral actualizado ás datas do prazo de inscrición.
▪ Ter cumpridos os 18 anos de idade no momento da inscrición.
▪ Estar empadroado/a en algún dos concellos da provincia da Coruña. (Para as solicitudes que se presenten no Concello de Riveira hai que estar empadroado neste concello )
2. Requisitos específicos:
As persoas candidatas deberán cumprir os requisitos específicos seguintes:
Nivel académico ou de coñecementos xerais: Estar en posesión dos títulos ou certificados precisos para cursar a formación correspondente ao certificado de profesionalidade de nivel 2.
Condicións físicas: Carencia de afeccións crónicas e enfermidades infecto_contaxiosas . Integridade física, resistencia, forza, destreza, coordinación visomotriz, axilidade, rapidez.