Saturday 16 de November de 2024

As pombas do carboeiro, este domingo na Casa da Cultura


A música en directo da Banda de Ordes e a técnica xaponesa narrativa do kamishibai danse a man para ofrecer historias, cantos, romances, contos e lendas

A música será a gran protagonista durante a xornada do vindeiro domingo, 12 de febreiro, en Ordes. Ás 18 horas no auditorio da Casa da Cultura terá lugar o espectáculo As pombas do carboeiro, dirixido para un público a partir dos 12 anos.
Por primeira vez en Ordes o teatro e a música danse a man para ofrecer unha escenificación baseada na narración oral. Historias, contos, lendas, romances e cantos postos sobre o escenario a través da música en directo da Banda de Ordes e da técnica xaponesa do kamishibai.
A cita, de balde para as persoas que queiran acudir, está organizada pola Asociación Cultural Amigos da Música de Ordes. Nesta ocasión contan coas colaboracións do Concello de Ordes, da Deputación da Coruña, ademais da firma Urdime propostas culturais.

O dito espectáculo As pombas do carboeiro xa fora programado para o pasado 7 de xaneiro, pero por problemas de saúde dun dos integrantes do equipo actoral tivo que ser aprazado ata esta fin de semana.