A Oficina Municipal de Información ao Consumidor do Concello de Touro pónse a disposición dos veciños e veciñas que desexen presentar reclamación polos danos causados pola falla de suministro eléctrico durante o temporal dos pasados días. O Concello está a disposición dos habitantes de Touro e, en horario habitual, atenderá aos veciños e veciñas que desexen achegarse ata a sede consistorial en Fonte Díaz. A atención persoalizada será o mércores 15 e xoves 16 de febreiro de 15.00 a 17.00 horas.
Para as persoas que prefiran presentar a súa queixa directamente, poden dirixirse aos seguintes contactos: Instituto Galego de Consumo (900.231.123), Unión Fenosa Distribución (900.111.999) e a Federación Galega de Municipios e Provincias (981.555.999).
O Concello de Touro lembra que para tramitar unha reclamación os veciños e veciñas deben presentar os seguintes datos: DNI, nome e apelidos, enderezo, código CUPS, das da incidencia, relación de danos e datos de contacto.