O evento terá lugar o día 22 de febreiro ás 20 horas
O Centro Cultural Lustres Rivas de Riveira vai ser escenario o vindeiro 22 de febreiro ás 20 horas da presentación do libro Sementes da riveirense Sonia García.
O volume, publicado por Xerais, contará tamén co director desta editorial, Manuel Bragado.
Sinopse: No Reino das Pílulas ninguén lembra como se sementa a terra. Está prohibido. Coa chegada da lúa crecente de febreiro, unha moza vai tentar que o campo volva dar os seus froitos, malia ter que infrinxir as leis para acadalo.
“Sementes” é unha fonda reflexión sobre o mundo en que vivimos, sobre unha sociedade dominada por artificios.
Contén disco con banda sonora, conto locutado e montaxe en vídeo.
Sonia García naceu en Riveira e reside en Santiago de Compostela. Desempeña o labor de docente na especialidade musical con cativos e cativas. Tamén traballa como actriz de teatro e como deseñadora.