Mañá arrancan a IV Feira de Oportunidades e a campaña de San Valentín promovida por ACORDES, na que participan arredor de 70 establecementos de todo tipo con grandes descontos e sorteos
A recta final das rebaixas en Ordes vai estar chea de descontos e oportunidades grazas á IV Feira de Oportunidades e á campaña de San Valentín organizada pola asociación de comerciantes de Ordes (ACORDES). Grazas a esta última dende mañá venres e ata o martes, 14 de febreiro, preto de 70 establecementos de todo tipo ofrecerán os seus produtos aos mellores prezos. Ademais a clientela entrará no sorteo dunha noite para dúas persoas nun balneario ou spa galego de catro estrelas, o cal terá lugar o vindeiro 17 de febreiro no magazine matinal de Radio Ordes.
Con isto esta vindeira fin de semana preséntase como unha das de maior actividade comercial na vila ordense, tamén grazas á IV Feira de Oportunidades. Dende o venres ata o domingo, de 10 a 14 horas e de 16 a 21 horas, o primeiro andar da Praza de Abastos servirá de escaparate para 15 firmas e comercios locais que ofrecerán as últimas novidades a prezos rebaixados.
Carma, Sombrero de Copa, Alfombra Roja, Muxa, Sportec, Dress, A. Ferreiro, Mis Personajes, Capitán (calzados), Peteiro Decoración, Moda Infantil Juan Carlos Varela Candal, La Reina de Saba, Asociación Amigos da Canceira de Ordes Segunda Oportunidade, Tasmania e Ekaté. Téxtil, calzado, decoración, bixutería, deporte, marroquinería etc terán cabida nesta nova convocatoria que cada ano ve aumentar o número de asistentes. Para facilitar as compras o Concello tamén porá de maneira gratuíta un servizo de ludoteca.