Friday 22 de November de 2024

Cambre renova case catro quilómetros de firme en varias parroquias


Nestes momentos varios camiños como os de Lendoiro, en O Pombo, xa se renovaron, e agora melloraranse os camiños en Bribes en canto o tempo o permita

As obras de renovación do firme nos lugares de Lendoiro (Cecebre), Sobreguexe (Cecebre), Bribes, Cabana-Pontido (Sigrás) e Socampo (Cambre) comezaron en xaneiro e estímase que finalicen en canto cesen as choivas e póidase continuar cos traballos.

As obras están enmarcadas no proxecto denominado “Mellora da rede viaria nas parroquias de Cecebre, Bribes, Sigrás e Cambre”, do Plan POS 2016 da Deputación da Coruña.

Nestes momentos varios camiños como os de Lendoiro, en O Pombo, xa se renovaron, e agora melloraranse os camiños en Bribes en canto o tempo o permita.

Consisten esencialmente na renovación de firmes coa nivelación, extensión e compactación da calzada nos camiños que na actualidade non están pavimentados. Así mesmo, lévase a cabo a extensión de aglomerado sobre firme existente, fresado nalgúns casos, mesmo regularización, recrecido de pozos, sumidoiros, arquetas, potes e bocas.

As obras foron adxudicadas por un importe de 98.593,12 euros, mentres que o orzamento de licitación foi de 168.218,93 .