As actividades de conciliación do Entroido están dirixidas a nenos e nenas de 3 a 12 anos e desenvolveranse o 27 de febreiro e o 1 de marzo
Ata o 22 de febreiro permanecerá aberto o prazo de inscrición para o ‘Carnival Camp’. Trátase dunhas xornadas de conciliación dirixidas aos nenos e nenas de 3 a 12 anos que terán lugar o 27 de febreiro e o 1 de marzo, coincidindo coas vacacións escolares do Entroido.
Obradoiros, festas, disfraces e celebracións serán a nota predominante durante ambos os días de 9 a 14 horas, aínda que cabe a posibilidade de variar este horario (consultas: 981 697 844, 604 002 616 ou ordes@escuelacontalento.es). Todas e todos os que queiran participar deberán apuntarse no Departamento de Educación situado no primeiro andar do Concello e alí dar conta dos datos persoais e forma de pagamento, cuxo importe total ascende a 8 euros. As familias numerosas contarán con descontos do 50%.
Nesta iniciativa participa a escola Con Talento, ademais de contar co financiamento da Deputación da Coruña.