Friday 22 de November de 2024

O Graxal acolle o sábado unha función de monicreques a cargo de Títeres de Babaluva


A primeira función será ás 12.00 h e a segunda ás 18.00 h

O vindeiro sábado 11 de febreiro, a Concellaría de Cultura, Deportes e Mobilidade organiza no Centro Sociocultural do Graxal unha función dobre de monicreques a cargo de Títeres de Babaluva, cuxa temática principal é a intelixencia emocional e a súa importancia na infancia.

A primeira función será ás 12.00 h e a segunda ás 18.00 h. As invitacións poderanse recoller a partir do luns 6 de febreiro nas tres bibliotecas municipais, no Museo Arqueolóxico de Cambre e na Casa da Cultura. Os convites tamén poderanse recoller 15 min antes do comezo de cada sesión, sempre e cando non fosen retirados con anterioridade nos puntos de distribución.
Co título de Tita, a peza amósanos a dificultade de xestionar as nosas emocións e ten como obxectivo enfrontalas cara a cara para gozar de harmonía emocional. A protagonista, Tita, é unha nena de oito anos moi espelida que pasa por distintas emocións na súa vida cotiá.
A peza está dirixida a un público infantil e familiar a partir dos 4 e até os 12 anos e ten unha duración aproximada de 50 minutos.