O Centro Cultural Lustres Rivas de Riveira vai albergar a partir deste venres día 10 de febreiro unha nova exposición: “Estilos”, da pintora galega Novais.
A mostra estará aberta ata o 4 de marzo e poderá ser visitade de luns a venres de 10 a 14 e de 19 a 21 horas e os sábados de 11 a 14 e de 19 a 21 horas.
O acto inaugural terá lugar ás 21 horas do citado día 10.