Máis de 3.000 persoas, dos que 1.150 eran atletas, déronse cita hoxe no circuito de campo a través da Baña
Máis de 3.000 personas, entre atletas, entrenadores, familiares e público en xeral, déronse hoxe cita ao longo de toda a mañá no circuito de campo a través de Cartas, na Baña. O tempo, por momentos desapacible, non impedíu o normal desenvolvemento do campionato, nin desanimou aos 1.150 atletas inscritos nas doce probas que ao longo da mañá se desenvolveron nas instalación deportivas habilitadas para tal fin. Na Baña conxugáronse tres factores claves para facer do campo a través todo un espectáculo cheo de vistosidade: un gran escenario, un gran circuito de cross e a afluencia dos mellores clubes de fondo e medio fondo do panorama galego actual.
Na proba absoluta do Campionato Galego de Cross Curto por clubes os vencedores indiscutibles foron, na categoría masculina, o clube Sociedad Gimnástica Pontevedra, co imparable, Manuel Hurtados Sanjurjo, “Huracán Hurtado” que entraba primeiro na meta despois de percorrer as voltas reglamentarias ao circuito; e na femenina, o clube ADAS Proinar, con Esther Navarrete á cabeza, que entrou primeira na meta.
Xunto a estes tamén quedaron finalistas na categoría masculina ADAS Proinar e C. A. Santiago. Mentres que na categoría feminina absoluta, clasificábase en segundo lugar o Comesaña Sporting Club, e no terceiro posto, o Club Atletismo Sar.
A competición arrincou coas probas do Memorial Alejandro Lorenzo para as categorías benxamín, alevín e infantil, ofrecendo unha boa mostra da canteira atlética coa que conta a comunidade galega, e que, según indicou o presidente da Federación Galega de Atletismo, Isidoro Hornillos, darán que falar a nivel deportivo nun futuro próximo.
Na categoría benxamín masculina, os gañadores foron Alex Sierpes Pereira, do clube S.A. do Trega, seguido de David Entenza Pérez (Atletismo Morrazo) e Marcos García Sanjorge (Club Ciclista Corbelo-Team Corbelo). Por clubes o gañador nesta categoría foi o CA Milladoiro, seguido do Atletismo Fontes do Sar e CD San Paio A Estrada.
Na categoría benxamín fémina, os tres primeiros postos foron para Henar Méndez Piñeiro (Maderas Barcia Lourenzá), Lúa Arufe Calo (Atletismo Noia) e Carmen Martínez Domínguez (Atletismo Lucense). Por clubes, os gañadores foron Atlética Lucense; Atletismo Noia e AT Vila de Cangas.
Na categoría alevín masculino, os gañadores foron: Pepe Sánchez del Valle Vergé (Franciscanos Lugo), Nacho Maroño Pascalín (Compañía de María), e Diego Rodríguez Sánchez (Franciscanos Lugo). Por clubes, os clasificados foron: Atlética Lucense seguido de AT Vila de Cangas e Atletismo Fonte do Sar.
Na categoría alevín feminina, a gañadora foi Xela Martínez Domínguez (Atlética Lucense), seguida de Iria Rodríguez Ares (Maderas Barcia Lourenzá) e Paula Vázquez Hermida (Marineda Atlético). Por clubes, o gañador foi AT Vila de Cangas, seguido de Atlética Lucense e Maderas Barcia Lourenzá.
Na categoría infantil masculina, os gañadores foron Antón Rodríguez Domínguez (Atlética Lucense), seguido de Hugo Domínguez Lindo (SA do Trega) e Semahegn Alonso Rey (Club Atletismo Estrada). Por clubes, os gañadores foron: Club Atletismo Estrada, seguido de Ourense Atletismo e AT Vila de Cangas.
Na categoría infantil feminina, as gañadoras foron Laura Carracedo Flores (Club Atletismo Estrada), seguida de Mar Díaz Barreiro (Ourense Atletismo) e Carmen Aguiño Guio (Club Ciclista Corbelo-Team Corbelo). Por clubes, os gañadores son: Ourense Atletismo, Maderas Barcia Lourenzá e Club Atletismo Estrada.
Mentres que Campionato Galego de Cadete e Xuvenil os resultados foron os seguintes:
Na categoría cadete masculino, os gañadores foron: El Mechi El Nabaoui (CD San Paio Estrada), Said Abdoun Bechiki (AD Limiactiva) e Amine Bensoultana Mounaji (CD San Paio Estrada). Por clubes, o gañador foi CD San Paio Estrada, seguido de Ourense Atletismo e AD Limiactiva
Na categoría cadete feminina, as gañadoras foron: Sara Limia Alonso (CSCR Beade), Noelia Sánchez López (Atletismo Friol) e Lucía Martínez-Reboredo Lamela (Universidad Santiago). Por clubes, o gañador foi Atletismo Tui, seguido de Atletismo Friol e CSCR Friol.
Na categoría xuvenil maculina, os tres primeiros postos foron para Pedro Osorio López (Ría Ferrol-C. Arenal), Arturo Ramos Rey (CA Santiago) e Ziad Nagihi (AD Limiactiva). Por clubes, o primeiro posto foi para CA Santiago, seguido de Comesaña Sporting Club e Ría Ferrol-C. Arenal.
Na categoría xuvenil feminina, o primeiro posto foi para Sara López López (Lucus Caixa Rural), seguida de Raquel Meaños Asensi (AD Mazi) e Marta Ballesteros Fernández (Adas Proinor). Por clubes, o primeiro clasificado foi Lucus Caixa Rural Galega, seguido de Adas Proinor e Comesaña Sporting Club
O alcalde de A Baña, Andrés García Cardeso, destacou o alto nivel da proba e o grado de concentración “que arrastra o campo a través en Galicia”. Tamén valorou moi positivamente para un concello rural como é o da Baña “concentrar a tantísimos atletas, nada menos que 1.150, e tamén a tanta xente. Para nós foi unha honra acoller estes campionatos e traballaremos nos vindeiros meses para mellorar aspectos e lograr que A Baña poida convertirse en sede permanente dunha detasas probas de atletismo”.
Tanto o alcalde como o concelleiro de Deportes, Manuel Tourís, agradeceron a colaboración e a aposta da Federación Galega de Atletismo por A Baña como escenario do Campionato Galego de Cross Curto así como a colaboración de todas as persoas que participaron no dispositivo de organización.
Pola súa banda, o presidente da Federación Galega de Atletismo, Isidoro Hornillos, dixo estar “moi satisfeito porque un concello como o de A Baña se incorporase con matrícula de honor ao mundo do atletismo”. Neste senso, subliñou que o concello reuniu hoxe “un gran escenario, un gran circuito e unha gran variedade de clubes que contribuíron a dar espectacularidade e vistosidade a esta importante cita deportiva”.