Friday 22 de November de 2024

Unha avaría deixa incomunicada durante 10 horas á meirande parte do concello da Baña


Unha ambulancia do 061 fixo garda no centro de saúde ao atoparse este sen subministro eléctrico e de telefonía polo temporal

A meirande parte do concello da Baña sufreu hoxe as consecuencias do temporal que está a afectar á comunidade galega. Entre as tres e as cinco da madrugada, unha forte tormenta eléctrica acompañada de granizo afectaba a unha torreta do tendido eléctrico, provocando unha avería que repercuteu negativamente no subministro e que deixou sen luz á meirande parte do municipio durante dez horas.
Según indican dende o Concello, o corte de luz comenzou as 05:00 horas e o subministro restableceuse en torno ás tres da tarde.
A capital municipal, San Vicenzo, acusou significativamente esta incidencia, xa que ahí se congregran a maior parte dos servizos. O centro de saúde non puido funcionar con normalidade, ao quedar sen luz e sen teléfono (fixo e móbil), polo que se requeríu a presencia dunha ambulancia do 061 para atender posibles emerxencias.
O apagón tamén afectou ás oficinas municipais, que non puideron funcionar con normalidade así como á escola infantil e ao colexio público. Tamén os locais comerciais, oficina bancaria e establecementos hostaleiros da zona víronse perxudicados pola avaría.
As consecuencias da tormenta tamén se deixaron notar nas estradas. A Brigada de Obras do Concello traballou arreo durante toda mañá para retirar os cascallos das estradas e as árbores caídas en varias vías que impedían a circulación. Os traballos de limpeza prolongáronse ata pasadas as tres da tarde.