A mostra permanecerá aberta desde o 3 ao 25 de febreiro e poderá visitarse na Casa da Cultura de 10:00 a 14:00 e de 17:00 a 21:00 de luns a sábado
A Casa da Cultura Vila Concepción acolle este venres a inauguración da exposición fotográfica “Querida ría”, que contará coa presenza do autor, Pedro Pastor, e dun recital musical de Xosé Rey.
A mostra está formada por unha serie de imaxes, tomadas entre 2016 e 2015, que percorre o estado da ría do Burgo na actualidade e as diferentes actividades que nela se desenvolven, especialmente as marisqueiras.
A exposición estará en Vila Concepción desde este venres 3 de febreiro até o día 25 e poderá visitarse en horario de 10:00 a 14:00 e de 17:00 a 21:00, de luns a venres. Os sábados de 10 a 14 horas.
Pedro Pastor é un fotógrafo con máis de tres décadas de traxectoria profesional. Con estudio no Temple, participou en diferentes mostras e exposicións fotográficas tanto a nivel colectivo como individualmente.