Friday 22 de November de 2024

O equipo móbil de renovación do DNI estará en Ordes o vindeiro mes de marzo


Haberá que solicitar cita previa a través do teléfono 981 680 002

O equipo móbil de renovación do DNI da Policía Nacional estará en Ordes os vindeiros días 28, 29, 30 e 31 de marzo. A cantidade máxima de expedición por día será de 55 documentos. Como vén sendo habitual a atención ao público será en horario de mañá na Casa da Cultura de 9 a 12 horas por rigorosa orde de chegada. Todas e todos aqueles que queiran expedir por primeira vez ou renovar o seu documento nacional de identidade deberán solicitar unha cita previa chamando ao teléfono 981 680 002.