Do 10 ao 12 de febreiro ofreceranse as últimas novidades en calzado, téxtil, decoración, bixutería etc. Terá lugar nos locais do primeiro andar da Praza de Abastos e ademais haberá un servizo de ludoteca para a rapazada
A IV Feira de Oportunidades de Ordes contará este ano con 15 postos, coincidindo co número de solicitudes presentadas no prazo establecido polo Concello. Esta mañá tivo lugar o sorteo público dos locais situados no primeiro andar da Praza de Abastos.
A IV Feira de Oportunidades terá lugar os días 10, 11 e 12 de febreiro no primeiro andar da Praza de Abastos de 10 a 14 horas e de 16 a 21 horas. Os establecementos e firmas participantes son: Carma, Sombrero de Copa, Alfombra Roja, Muxa, Sportec, Dress, A. Ferreiro, Mis Personajes, Capitán (calzados), Peteiro Decoración, Moda Infantil Juan Carlos Varela Candal, La Reina de Saba, Asociación Amigos da Canceira de Ordes Segunda Oportunidade, Tasmania e Ekaté. Novamente poderanse adquirir a prezos incomparables as últimas novidades en téxtil, calzado, decoración, bixutería, deporte, marroquinería etc. Tamén haberá servizo de ludoteca que o venres irá dende as 18 ata as 20 horas, ampliándose o sábado e o domingo de 10.30 a 12.30 horas.