A xunta local de Ordes da AECC ofreceu a charla Mellorando a atención ao cancro de pulmón. Perspectiva da AECC. Unha cita que no día de onte congregou a numeroso público no auditorio da Casa da Cultura de Ordes. Entre os presentes non faltou a concelleira Ana Soneira. Francisco Javier Barón, especialista en oncoloxía médica do CHUS, e Marcos Calvo, psicólogo da AECC (Santiago de Compostela) foron os encargados de conducir este encontro.