Terán lugar os días 12 de marzo e 3 de xuño coincidindo coa XIX Festa do Lacón con Grelos e coa Xuntanza Cabalar de Ardemil
Un ano máis o Concello de Ordes colabora coa celebración do Campionato Galego de Andadura, que nesta ocasión alcanza a vixésima edición. Os vindeiros 12 de marzo e 3 de xuño O Mesón do Vento e Ardemil acollerán, respectivamente, dúas das xornadas puntuables para a dita competición. A primeira delas coincide coa XIX Festa do Lacón con Grelos e a segunda coa xuntanza cabalar organizada pola Asociación Cultural Cabaleiros de Ardemil.
Non serán as únicas citas que teñan lugar na comarca xa que tanto Tordoia como Cerceda tamén figuran no calendario o 6 de maio e o 26 de agosto respectivamente. As restantes datas son: 14 de maio, Galdo (Viveiro); 27 de maio, Guitiriz; 15 de xullo, Cabanas; 6 de agosto, Teixeiro; 12 de agosto e 30 de setembro, Covas (Ferrol). Maside tamén acollerá unha das xornadas, estando pendente por confirmar a día de hoxe a data de celebración.
Dende a organización agradecen a colaboración brindada no só polos concellos citados senón tamén polas seguintes organizacións e asociacións: Brincadeira, Asociación Deportiva Ecuestre de Guitiriz, Club Hípico Los Gavilanes, Asociación Cultural Cabaleiros de Ardemil, Club Hípico Andadura Gallega, Equiocio, Centro Hípico As Tinajas, Asociación Pozo do Lago, Feira das Maulas e Feira do Lacón con Grelos.